InicioSen categorizarA Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

A Deputación recibe aos promotores do Foro Galicia-Asia

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

Os Deputados de Promoción Económica e Social e Muller e Igualdade, Pablo Rivera Capón e Marisol Morandeira Morandeira, recibiron este xoves no Pazo de San Marcos aos promotores do Foro Económico Internacional Galicia e Asia (FEIGA) que se celebrará do 15 ao 21 de xuño na cidade de Lugo. No encontro participaron varios membros de Prorural Galicia, liderados polo seu presidente, José María López Bourio, así como representantes da asociación chinesa AACCDI, presidida por Juan Fang, co obxectivo de achegar ás empresas da provincia ás oportunidades do mercado asiático.

Durante a reunión, o Deputado e a Deputada agradecéronlle aos organizadores a súa visita á sede provincial e destacaron a importancia de que Lugo acolla este encontro para impulsar a proxección internacional da provincia, fortalecer os lazos culturais e fomentar novas colaboracións económicas e tecnolóxicas entre Galicia e Asia. Este foro, que dará continuidade ao celebrado o pasado outubro no Campus Terra e ao que están convidados os directores xerais das 100 empresas que máis facturan na provincia, servirá tamén “para que empresas e institucións lucenses poidan establecer contactos con investidores asiáticos e avanzar en proxectos de cooperación”, sinalou a mandataria provincial. Ao remate, entregóuselles un exemplar do libro Guia-T x Lugo, o libro ilustrado de María Arias que percorre os atractivos dos 67 concellos da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...