InicioPolíticaMural de Rubén Paz para homenaxear a traxectoria de Ensino no Pazo

Mural de Rubén Paz para homenaxear a traxectoria de Ensino no Pazo

O vicepresidente da Deputacíón Efrén Castro e as xogadoras ensinistas seguiron esta mañá de preto os primeiros pasos na creación do mural na fachada oeste do edificio, onde se recoñece xa o trazo  das figuras centrais do deseño, unha homenaxe ao club con referencias ao patrimonio da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo contará cun mural dedicado a Ensino Lugo, obra do artista Rubén Paz. O muralista comezou este luns o deseño, que contará cunha superficie de 30 metros de ancho por 15 metros de alto.

O vicepresidente da Deputacíón Efrén Castro e as xogadoras ensinistas seguiron esta mañá de preto os primeiros pasos na creación do mural na fachada oeste do edificio, onde se recoñece xa o trazo  das figuras centrais do deseño, unha homenaxe ao club con referencias ao patrimonio da cidade.

Efrén Castro explicou que “esta intervención artística recoñece a traxectoria do Ensino como emblema do deporte lucense ao tempo que embelece e reforza a dimensión simbólica do Pazo da man dun dos muralistas lucenses con maior recoñecemento internacional”.

O responsabel provincial destacou que “o mural responde a un compromiso con Ensino que se foi demorando polas actuacións na fachada e na cuberta e que desenvolvemos finalmente nunha tempada moi destacada para o club tanto pola sua clasificación para a Copa como pola súa traxectoria na Liga

Efren Castro lembrou que “esta intervención artística se veu madurando en paralelo ás actuacións que se desenvolveron nos últimos anos para mellorar as condicións do Pazo como espazo deportivo e nas que seguimos traballando con proxectos como a ampliación da capacidade”

O traballo continuará durante os vindeiros días -cunha planificación condicionada pola meteoroloxía- nos que o mural tomará o aspecto definitivo co recheo de cor.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...