InicioPolíticaO PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

Antonio Ameijide reclama ao Goberno provincial que rectifique e incorpore ao persoal especializado en zonas verdes ao cadro da institución.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que “rectifique” e integre aos 16 extraballadores de Suplusa, que se encargaban de xestionar as zonas verdes, no cadro de persoal da institución provincial, despois da sentenza do Tribunal Supremo (TS). Nun comunicado, o portavoz dos populares lucenses, Antonio Ameijide, volveu solicitar ao PSOE e ao BNG a reintegración destes empregados, tras o fallo que considera ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial e os posteriores acordos adoptados “sen respectar as competencias do pleno”.

“No pleno de xaneiro negáronse a votar a favor dunha proposta do PP para acatar a sentenza e asumir aos 16 extraballadores de Suplusa”, criticou Ameijide, indicando que agora “non lles queda máis remedio que integralos” xa que “nunca deberon botalos da Deputación de Lugo”. O PP asegurou que en 2019 xa advertiu da “ilegalidade” desta decisión, que supuxo o “desmantelamento” da empresa pública Suplusa e a expulsión de máis de 20 traballadores, dos que a día de hoxe 16 seguen en Tragsa.

O portavoz do PP esperou que a presidenta provincial, Carmela López, “cumpra coa súa palabra” porque é “unha forma de demostrar que van cambiar as cousas na Deputación” tras a saída de José Tomé. Ameijide incidiu en que esta rectificación é necesaria para dar cumprimento ao mandato xudicial e corrixir unha situación que cualificou de inxusta para o persoal afectado, que desempeñaba funcións clave no mantemento medioambiental da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

A Deputación apoia unha nova edición da MOEXMU en Muimenta

  A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este luns na presentación da...