InicioCulturaInaugurado o proxecto fotográfico "Facedoras de Lugo" no Museo Provincial de Lugo

Inaugurado o proxecto fotográfico “Facedoras de Lugo” no Museo Provincial de Lugo

O acto contou coa presenza do deputado Daniel García

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado Daniel García participou esta tarde na inauguración do proxecto fotográfico “Facedoras de Lugo”, de Mar Caldas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, onde poderá verse ata o 18 de maio.

A mostra recompila unha decena de retratos de gran tamaño realizados pola recoñecida fotógrafa e artista visual viguesa, referente da arte feminista en Galicia, a mulleres dedicadas a tarefas vinculadas cos animais, principalmente na gandería, mais tamén na apicultura e na veterinaria.

O proxecto é froito do traballo de campo realizado pola autora en concellos como A Pontenova, Guitiriz, Friol, Guntín, Castroverde, Outeiro de Rei, Castro de Rei, O Páramo, Taboada, Monterroso, Becerreá e Ribeira de Piquín. Nestas localizacións documentou granxas de diferentes dimensións que, en moitos casos, optan pola produción ecolóxica ou a cría de razas autóctonas.

As imaxes reflicten a diversidade de perfís das mulleres fotografadas, cuxas bagaxes van desde a herdanza familiar de saberes ata a formación académica. O proxecto documenta a incorporación de novas xeracións ao medio rural e o vínculo que estas profesionais manteñen co seu entorno e cos animais.

A través das fotografías, as protagonistas expoñen o seu traballo nun sector estratéxico para a economía, ao tempo que trasladan a súa queixa pola falta de apoio institucional e os obstáculos administrativos que afrontan no seu día a día.

O deputado destacou “neste proxecto artístico recoñécese a realidade física, emocional e cultural das comarcas de Lugo, xa que a gandería e a agricultra son sector estratéxicos desde o punto de vista económica e son parte das nosas historias vitais ou familiares”.

“Moitas mulleres poderán recoñecerse nas dez retratadas aquí, ou recoñecer nelas as súa nais e avoas.  A terra e o gando están na árbore xenealóxica da grande maioría das persoas deste país,  cuxa identidade se forxou no rural”, sinalou Daniel García, que valorou o traballo artístico de Mar Caldas como unha ferramenta para “reivindicar estas actividades que as mudanzas económicas e sociais das últimas décadas apartaron dos primeiros planos”.

“Facedoras de Lugo” forma parte dunha liña de traballo desenvolvida por Mar Caldas desde fai máis dunha década co obxectivo de visibilizar a contribución das mulleres ás súas comunidades, desde unha perspectiva de xénero e de clase.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...