InicioEconomíaA Deputación participa na inauguración da xornada técnica sobre abellas en Veterinaria

A Deputación participa na inauguración da xornada técnica sobre abellas en Veterinaria

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo destacou a riqueza natural da provincia e convidou aos máis de 20 investigadores de diferentes países que se forman en Lugo a coñecer o territorio, con gran tradición apícola

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes na Facultade de Veterinaria na inauguración das xornadas técnicas da Cost Action BeSafeBeeHoney. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que reúne entre hoxe e mañá a unha vintena de investigadores e investigadoras co obxectivo de salvagardar a autenticidade e a calidade dos produtos apícolas.

Lugo é unha provincia coñecida pola súa riqueza natural, máis do 80% do noso territorio está declarado Reserva da Biosfera, e o seu patrimonio cultural. Contamos con espazos protexidos de incalculable valor, que son refuxio da biodiversidade”, sinalou a Deputada. Destacou a tradición apícola da provincia, favorecida polo clima suave e a diversidade floral e animounos a coñecer o territorio. Nese sentido puxo en valor o modelo de turismo polo que aposta a institución provincial, “no que o visitante valore o que somos aquí, que desfrute da natureza con respecto, aportando valor ás economías locais”.

García Porto destacou tamén que “na Deputación mantemos un compromiso diferencial coa investigación, a educación e a transferencia de coñecementos porque sabemos todo o que reverte no benestar da sociedade.”

Participaron tamén no acto de apertura o Decano da Facultade de Veterinaria, Fernando Muñoz; a organizadora da Cost Action 22105, Andreia Freitas; a Directora de iTerra, Marta López; e a organizadora deste evento, Carolina Nebot; entre outras autoridades.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...