InicioPolíticaA Valedora admite a trámite as queixas presentadas desde o PP de...

A Valedora admite a trámite as queixas presentadas desde o PP de Pol contra o alcalde

A voceira popular, Nicole Grueira, agarda que “agora si, Lino Rodríguez facilite toda a documentación requirida pola Valedora do Pobo e deixe de manexar o Concello fóra da legalidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Pol veñen de ter confirmación de que a Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada en outubro de 2025 “ante as reiteradas trabas” impostas polo alcalde Lino Rodríguez para acceder a “expedientes concretos” do funcionamento diario do Concello, como por exemplo aqueles relacionados co autobús municipal.

A voceira popular, Nicole Grueira, explica que na súa comunicación a Valedora do Pobo sinala que “unha vez estudado o seu escrito comunicámoslle a súa admisión a trámite, ao entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei da Valedora do Pobo, e que atopa, en principio, cobertura constitucional derivada doa artigos 20.1.d) e 23 da Constitución”.

Deste xeito, a Valedora do Pobo inicia “as actuacións oportunas ante o Concello de Pol. En concreto requirimos desa administración que no prazo de 15 días, de acordo co previsto no artigo 22.1 da Lei da Valedora do Pobo, nos facilite información sobre o obxecto da súa queixa”.

Nicole Grueira agarda que “agora si, Lino Rodríguez facilite toda a documentación requirida pola Valedora do Pobo e deixe de manexar o Concello fóra da legalidade xa que como concelleiros temos dereito a acceder e consultar todos os expedientes e documentación relacionados coa xestión diaria municipal”.

A voceira popular recorda que “hai expedientes aos que se pediu acceso en varias ocasións, pero a realidade é que seguimos sen poder acceder á información solicitada, pese a que a lexislación vixente establece un prazo de cinco días para dar acceso aos expedientes e á documentación solicitada”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...