InicioMovementos sociaisCarmela López resalta o traballo das Mulleres Veciñais Lucenses nun encontro en...

Carmela López resalta o traballo das Mulleres Veciñais Lucenses nun encontro en San Marcos

Mulleres Veciñais Lucenses, fundada en febreiro de 2025, naceu co obxectivo de dar maior visibilidade á muller na loita pola igualdade, apoiar a outras asociacións e atender as inquedanzas das veciñas da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a unha boa representación das Mulleres Veciñais Lucenses, colectivo integrado na área de igualdade da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti. O encontro serviu para a presentación oficial na institución do colectivo tras cumprir un ano da súa constitución. Durante a visita, Carmela López destacou a importancia do papel das mulleres para “acadar un movemento veciñal máis forte e dinámico” e recoñeceu a súa contribución á participación cidadá e á promoción da igualdade na provincia.

Mulleres Veciñais Lucenses, fundada en febreiro de 2025, naceu co obxectivo de dar maior visibilidade á muller na loita pola igualdade, apoiar a outras asociacións e atender as inquedanzas das veciñas da provincia. Actualmente, o colectivo conta con 13 integrantes que desenvolveron iniciativas centradas na igualdade, a formación, a convivencia e a participación cidadá.

As representantes do colectivo veciñal, encabezadas pola súa Presidenta, María del Carmen Casasnovas García, agradeceron o recibimento institucional e aproveitaron o encontro para trasladar á mandataria provincial propostas e compartir inquedanzas para seguir avanzando en políticas que reforcen o papel das mulleres no ámbito asociativo. Na reunión tamén participaron a secretaria María Balbina Campos; a tesoureira María del Carmen Suárez Cruz; responsable de propostas de actividades, María del Carmen Núñez Astariz; responsable de manualidades, Irene Pérez Gómez; responsable de relacións sociais, María del Carmen Verdes Peteira; responsable coas administracións, María Isabel López Vázquez Varela, e a vogal, Susana Vázquez Varela.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...