InicioLugo e contornaLugoLugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por "demanda histórica"

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno, Pedro Branco, destaca que a nova praza na sección de violencia contra a muller reforzará a protección das vítimas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno “responde a unha demanda histórica” da provincia coa creación dunha praza específica na sección de violencia contra a muller, unha medida que suporá a posta en marcha dun xulgado especializado contra a violencia machista.

Tal e como trasladou a Delegación nunha nota de prensa, Branco subliñou que esta decisión “reforza a protección das vítimas, mellora a resposta xudicial e sitúa a Lugo no camiño dunha Xustiza máis próxima e máis áxil”. Tras reunirse coa presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra Piñeiro, á que agradeceu o seu “traballo e colaboración”, o delegado apuntou que a súa “experiencia e compromiso” co servizo público “son fundamentais para seguir avanzando na mellora do sistema xudicial da provincia da man do Goberno de España”.

O obxectivo, explicou, é que a cidadanía dispoña dunha Xustiza máis especializada e con maior capacidade de resposta, especialmente en ámbitos “tan sensibles como a loita contra a violencia de xénero”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...