InicioPolíticaCarmela López acusa ao PP de "pretender capitanear" a xudicialización do caso...

Carmela López acusa ao PP de “pretender capitanear” a xudicialización do caso Tragsa

Pide "tempo" para valorar a sentenza sobre Tragsa, unha cuestión da que se preocupou "nada máis chegar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, pediu “tempo” antes de entrar en valoracións sobre a sentenza do Tribunal Supremo que estimou o recurso de casación interposto polo Partido Popular contra o fallo do TSXG que avalaba a entrada da Deputación de Lugo no accionariado de Tragsa. Segundo o tribunal, a decisión debería pasar pola intervención do Pleno “debido á súa transcendencia organizativa e financeira”.

En declaracións aos medios durante unha visita ás obras de Infanta Elena, Carmela López sinalou que trasladará unha resposta nos próximos días e que se preocupou por esta cuestión “nada máis chegar” á presidencia da institución provincial. Con todo, acusou ao Partido Popular, que fixo o xoves unhas declaracións moi críticas, de “pretender capitanear esta acción”.

Carmela López pediu algo de tempo para poder estudar esta sentenza que conclúe que a adquisición da participación en Tragsa e a utilización desta entidade como medio propio mediante un sistema de cooperación vertical leva unha decisión con transcendencia organizativa. “Levo apenas un mes, teño varios conflitos, problemas e expedientes encima da mesa e este é un deles. Pero antes de ofrecer ningunha conclusión hai que estudalo, ir paso a paso, é como me gusta traballar”, explicou, para concluír que nos próximos días trasladará unha resposta sobre as accións que se tomarán.

Este xoves, o Partido Popular celebrou a sentenza lembrando tanto á presidenta da Deputación, Carmela López, como ao expresidente, José Tomé, ao PSOE e ao BNG, que “ten que quedarlles máis claro que non están por encima da lei”. Ademais, os representantes do Partido Popular quixeron reivindicar que esta sentenza “reforza” o seu papel como “garantizador da legalidade”.

Antes das palabras da presidenta este venres, a Deputación emitiu un comunicado no que acusou aos ‘populares’ de tentar enganar con informacións terxiversadas “sobre o alcance da sentenza”, lembrando que esta non anula nin invalida o acordo, como tampouco se pronuncia sobre os encargos realizados a Tragsa, polo que asegura que “resulta incorrecto e xuridicamente inexacto afirmar o contrario, como fai o PP”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...