InicioSucesosCalcinada unha vivenda en Vilalba despois dun incendio esta madrugada

Calcinada unha vivenda en Vilalba despois dun incendio esta madrugada

Unha vez no punto, os bombeiros informaron de que caera o tellado da vivenda salvándose só o alboio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio orixinado durante a madrugada deste xoves calcinou por completo unha vivenda situada no lugar da Granda, na parroquia vilalbesa de Xoibán.

Segundo trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen se puxo en contacto coa central de emerxencias pouco antes das 10.00 horas para dar aviso deste incendio que, todo apunta, produciuse durante a noite.

Nesta comunicación, o alertante sinalaba que parecía que o lume se estaba reavivando e manifestaba que non podían acceder ao interior do inmoble.

Con esta información, desprazáronse ata o lugar os Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil e de Protección Civil. Unha vez no punto, os bombeiros informaron de que caera o tellado da vivenda salvándose só o alboio.

+ posts

ÚLTIMAS

Fademur denuncia “déficit de profesionais” nos municipios da montaña lucense e apoia a mobilización do xoves

Fademur Galicia denunciou a «carencia de profesionais» que padecen os municipios da montaña lucense...

Candia compromete solucións para os pavimentos da ZBE

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Antonio...

Vilalba inicia traballos de rexeneración nas pistas municipais en Lanzós e San Simón da Costa

O Concello de Vilalba continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal do rural...