Un tramo duns 13 quilómetros da A-6, ao seu paso por Baralla e sentido A Coruña, foi cortado tras desprenderse a lona dun túnel situado no quilómetro 463 desta vía. Segundo informaron fontes do CIAE 112, na tarde deste mércores recibiuse o aviso de que a lona que recubría o teito do tonel, situado no quilómetro 464, desprendeuse polo vento e ocupaba un dos carrís de circulación.
Pola súa banda, a Garda Civil informou de que ás 18,30 horas procedeuse ao corte da calzada en sentido crecente entre os quilómetros 456 e 469, en Baralla. A circulación foi desviada pola N-6. Ao momento desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico así como do servizo de mantemento da infraestrutura.
