InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de "abandono" da zona...

Lugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de “abandono” da zona histórica

Lugo Monumental tamén pide á Xunta de Galicia que efectúe as reparacións do tramo caído da Muralla coa maior celeridade posible, tanto polo ben do noso principal monumento como dos establecementos da zona

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental considera preocupante que en dous meses e medio o Concello non fose capaz de resolver o problema de ratos e malos cheiros da oficina de turismo da Praza do Campo, que leva pechada desde finais de novembro.

A Asociación destaca que a alternativa habilitada non parece a máis adecuada, “xa que se trasladou ao persoal á sala de exposicións Porta Miñá, unha localización difícil de atopar para os visitantes e que, ademais, agora vese máis illada co sinistro ocorrido na Muralla por mor dos temporais”.

Ademais, chama a atención que na oficina pechada non exista ningún tipo de cartel que indique a situación ou onde dirixirse. “Lembremos que esta oficina está orientada a informar a persoas que non coñecen a cidade e que non saben por que chegan no horario de atención ao público e atópanse a porta pechada”, sinalan desde Lugo Monumental.

A Asociación suxire que se habiliten como oficina de turismo as instalacións do chamado “Edificio de novas tecnoloxías” situado na praza Ángel Fernández Gómez (parte traseira do Concello), cuxo uso é practicamente testemuñal a pesar de estar nunha localización privilexiada. Ademais, “ao contar cun acceso independente do edificio principal do Concello non supoñería un problema de seguridade e aproveitaríase para facer máis visitables os restos que hai nese lugar”.

Se, por calquera causa, non se considerase viable esa localización suxírese o arrendamento dun local no centro, onde sexa fácil de atopar para os visitantes que, lembremos, non coñecen a cidade.

Desde a Asociación ofrécese a súa oficina da rúa da Raíña que, aínda que está nunha galería comercial, supón unha localización céntrica e fácil de atopar se se sinaliza adecuadamente. En todo caso, é moito máis accesible que a actual oficina provisional.

Lugo Monumental tamén pide á Xunta de Galicia que efectúe as reparacións do tramo caído da Muralla coa maior celeridade posible, tanto polo ben do noso principal monumento como dos establecementos da zona. A Asociación sinala que elementos como o Portón sufriron durante anos o prexuízo de ter pechada a Rúa do Moucho, que estivo vedada durante un cuarto de século, e que só tras reiteradas denuncias de Lugo Monumental esta vía reabriuse ao tráfico peonil.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...