InicioCulturaA Deputación aproba case 400.000 euros para o tecido cultural de base

A Deputación aproba case 400.000 euros para o tecido cultural de base

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “este ano mantemos o orzamento da última edición, o que permitirá continuar reforzando o apoio ás asociacións culturais de base, na súa maioría colectivos pequenos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo aproba cun orzamento de 380.000 euros as bases para a convocatoria de axudas para o tecido cultural de base. A Xunta de Goberno aceptou este venres o procedemento que permitirá as entidades culturais desenvolver actividades culturais e mellorar os locais.

Trátase de dúas liñas de axuda, unha destinada á organización de actividades  de promoción e dinamización cultural, cun importe de 255.000 euros, e outra dirixida a financiar investimentos en instalacións e equipamento nos seus locais sociais, de 125.000 euros.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que “este ano mantemos o orzamento da última edición, o que permitirá continuar reforzando o apoio ás asociacións culturais de base, na súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultural, pola lingua e o patrimonio e que cumpren un papel fundamental para garanter o acceso á actividade cultural en todo o territorio”.

Sinalou tamén a importancia destes investimentos que permiten que “os colectivos do rural programen actividades e impulsen tamén estudos, investigacións e iniciativas de posta en valor do patrimonio local”. As bases publicaranse no Eoletín Oficial da Provincia nas vindeiras semanas, abríndose daquela o prazo para facer as solicitudes.

XUVENLUGO

Ademais, este luns presentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do espazo de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo, que o vindeiro 5 de decembro abrirá ás portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo co apoio da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, a deputada de Cultura Iria Castro, o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo, a concelleira de Cultura Maite Ferreiro e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos Rubén López adiantaron as datas de apertura e novidades que presenta esta nova edición do evento, no que se agarda a visita dunhas 20.000 persoas desde esta ponte de decembro ata despois de Reis.

A deputada de Cultura Iria Castro convidou “a familias e rapazada de todas as comarcas a desfrutar deste espazo de ocio co que colaboramos desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que amplía as opcións de lecer para as nenas e nenos nuns días de moita ilusión”, ao tempo que puxo en valor a “oportunidade que XuvenLugo ofrece de gozar do tempo libre en espazos comúns e compartidos”.

VESTIARIOS PARA O ANEXO

Tamén o vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro presentou este xoves o proxecto para dotar de vestiarios o Anexo, onde adestran e xogan os clubs de baloncesto base da cidade de Lugo.

A obra consiste en acondicionar un espazo na planta baixa do Pazo -situado por baixo da grada norte  – como zona de aseos e  vestiarios –  femininos e masculinos- , para uso propio das usuarias e usuarios do Anexo. A dotación contará cunha zona de aseos e outra, contigua, na que se ubicarán as taquillas e bancos  e as duchas , comúns (6) e individuais en cabina (3).

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...