InicioEconomíaCC.OO. alerta dunha "reestruturación salvaxe" de Correos con probas piloto en Lugo

CC.OO. alerta dunha “reestruturación salvaxe” de Correos con probas piloto en Lugo

O sindicato denuncia que o plan será estendido a toda España e terá "graves consecuencias laborais e de servizo público".

PUBLICADA O

- Advertisement -

CC.OO. denunciou este luns que “a proba piloto que Correos pretende implantar na provincia de Lugo non é un experimento illado”, senón “a antesala dun cambio estrutural deseñado a nivel estatal pola Presidencia e a dirección da empresa para aplicarse en todas as carterías, unhas 2.500 en todo o país, con graves consecuencias laborais e de servizo público”.

“Este modelo alterará percorridos, quendas, centros de traballo e condicións laborais, e provocará unha grave desorde na prestación do servizo postal público, con prexuízos evidentes para a cidadanía, as empresas e as institucións”, apuntan desde CC.OO., que anticipan mobilizacións se se continúa adiante. Ademais, advertiron de que este novo plan introduce percorridos diarios variables impostos por algoritmos e non contempla a contratación de máis persoal, o que traslada a carga de traballo ao persoal existente que, segundo o colectivo, provocará “unha carga laboral insustentable” con efectos directos sobre a saúde laboral do persoal.

Así, a organización sindical esixe a paralización das probas piloto e instan a Correos a que cumpran cos acordos asinados en 2024, onde se comprometían a acabar cos recortes, a reforzar o persoal e a convocar a oferta de emprego público, ademais de reclamar que se poña sobre a mesa o Plan de Incentivos e a redución da xornada a 35 horas. Finalmente, CC.OO. advirte de que, no caso de non ser escoitados, activarán a vía xudicial e levarán a cabo as primeiras mobilizacións ante a imposición do que denominan unha “reestruturación salvaxe”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...