InicioPolíticaLago Lage preside a primeira reunión da Xestora para recuperar a normalidade...

Lago Lage preside a primeira reunión da Xestora para recuperar a normalidade política en Lugo

O partido garante a continuidade dos gobernos progresistas e xa mira cara ás municipais de 2027.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, constituída o pasado luns tras a resolución da Executiva Federal, celebrou este martes a súa primeira reunión de traballo. O encontro tivo como obxectivo definir as liñas de actuación desta nova etapa, na que a estabilidade institucional e a continuidade dos proxectos políticos foron os eixes centrais do acordo.

Durante a xuntanza, presidida por Luis Ángel Lago Lage, os membros da xestora fixaron como prioridade dar resposta á situación xerada nas distintas institucións tras o cese producido no partido e na Deputación de Lugo. O organismo subliñou que actuará dentro dos prazos legais para garantir a continuidade dos gobernos progresistas na provincia e recuperar a normalidade orgánica tanto nas agrupacións locais como nos concellos.

Outro dos asuntos estratéxicos abordados foi o horizonte das eleccións municipais de 2027. A Xestora destacou a importancia de comezar a traballar na construción de proxectos sólidos e candidaturas capaces de conectar coa realidade social de cada municipio. Así mesmo, realizouse unha análise das principais preocupacións da cidadanía lucense, con especial atención ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o estado das comunicacións e a xestión forestal.

Finalmente, a Comisión Xestora tamén incluíu na súa folla de ruta o obxectivo de dar un peche definitivo ao debate arredor do proxecto de Altri. Con estas medidas, a nova dirección provisional busca reforzar a coordinación interna e consolidar a presenza do partido en todo o territorio provincial tras a crise aberta na institución provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...