InicioPolíticaPolémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os populares critican o "sectarismo" de BNG e PPdeG. José Tomé acúsaos de "ir dar espectáculo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na votación dos orzamentos para 2026 para, alegaron, “non ser cómplices do sectarismo e falta de diálogo” de PSOE e BNG na elaboración das contas provinciais. A súa actitude foi criticada polo presidente da institución, o socialista José Tomé, quen lles pEDIU “madurez política” e “deixarse de espectáculos”.

Segundo informaron os populares, durante a súa intervención no pleno, o seu portavoz provincial, Antonio Ameijide, explicou que a formación di que “non” ás contas porque “Lugo merece máis e os lucenses merecen respecto por parte de PSOE e BNG”. “Non queremos, nin podemos, nin imos ser cómplices desta treta, deste engano aos lucenses“, explicou, en relación á decisión da formación de ausentarse do pleno.

“A realidade é que a provincia non pode permitirse outro ano perdido baixo un goberno que non xestiona, non planifica e non cre no potencial de Lugo, que unicamente se preocupa por seguir comprando vontades políticas de afíns cada semana”, denunciou. Na mesma liña, afeou que “Lugo leva 18 anos soportando gobernos de PSOE e BNG sen proxecto, sen planificación e sen valentía“, mentres a provincia “precisa e reclama investimentos claros, actuais e transformadores”, unha reclamación #ante a que, recalcou, “José Tomé, PSOE e BNG, só ofrecen o contrario: sectarismo, amiguismo e parálise”.

“DÉIXENSE DE ESPECTÁCULOS”

O goberno provincial sacou adiante as contas da institución provincial para o próximo 2026, que superan os 135 millóns de euros e cuxo obxectivo é “consolidar o crecemento económico e social da provincia“. Segundo traslada, soben máis dun 3,7% con respecto aos do ano 2025 e aspiran a “dar continuidade ao proxecto de impulso do benestar social, apostando con firmeza polos servizos públicos, e de fomento das actividades produtivas, potenciando os sectores estratéxicos”.

Así o manifestou o presidente provincial, José Tomé, antes da sesión plenaria que, a xuízo do goberno provincial, abandonaron os deputados do PP para “esquivar a votación”. O mandatario provincial cualificou de “lamentable” o seu comportamento, á vez que lles pediu “madurez política, seriedade e responsabilidade para deixarse de espectáculos e poñerse a traballar”.

“Levan cinco anos de rexeitamento sistemático á previsión de fondos da Deputación, porque teñen unha posición fixa de bloqueo, non do resultado dunha análise real do contido dos orzamentos”, reprochou. En todo caso, as contas da Deputación foron aprobadas grazas aos votos a favor de PSdeG e de BNG.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

Avance de cartel do Caudal Fest 2026

O 'Caudal Fest', evento que segue en ascenso ata posicionarse como o terceiro festival...

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...