InicioSucesosFalece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

O sinistro produciuse de madrugada na parroquia de San Xoán do Campo, na LU-612, e o condutor era o único ocupante do coche

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un accidente de tráfico no termo municipal de Lugo, despois de que o vehículo que conducía saíse da vía e envorcase na estrada LU-612, á altura da parroquia de San Xoán do Campo.

Segundo informou o 112, o sinistro produciuse arredor das 00:45, entre os puntos quilométricos 8 e 9 da citada estrada. O aviso chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) a través dun teléfono móbil que alertaba dun accidente grave.

De inmediato activouse un operativo no que participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico, axentes da Policía Nacional e Local e efectivos de Protección Civil.
Nun primeiro momento, barallouse a posibilidade de que o condutor estivese atrapado no interior do vehículo, polo que se requiriu a presenza dos Bombeiros de Lugo, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

O persoal sanitario desprazado ao punto confirmou o falecemento do home no lugar do accidente, sen que se puidera facer nada por salvarlle a vida. As autoridades investigan agora as causas da saída de vía, que non implicou a outros vehículos.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha muller en Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma dun tractor

O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir...

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...