InicioPolíticaAbadín acumula oito meses sen celebrar plenos ordinarios

Abadín acumula oito meses sen celebrar plenos ordinarios

O Partido Socialista esixe ao rexedor, o popular José María López Rancaño, que dea cumprimento á lexislación e o acordo da corporación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Socialista de Abadín asegura que o alcalde do concello chairego incumpre a lei e impide a participación política. O motivo é a negativa de José María López Rancaño a convocar os plenos ordinarios dende maio, postura que os socialistas denunciaran con anterioridade na lexislatura, chegando a acudir á Valedora do Pobo en xaneiro de 2018.

O principal grupo da oposición responsabiliza da situación á presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, e mailo presidente dos conservadores en Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O voceiro do Partido Socialista en Abadín, Pablo Díaz, censura que o alcalde “cre que ten dereito a facer o que queira, dun xeito totalmente autoritario”, algo que ao seu xuízo “non é culpa só do rexedor, se non das persoas que están no seu partido e permítenllo”. 

Díaz entende que a ausencia de plenos ordinarios sitúa á oposición na “total indefensión”, “desprezando” a representación “do 30 por cento dos veciños de Abadín”. Dende que comezou a lexislatura, o Partido Popular –que controla oito dos once asentos da corporación– convocou cinco sesións de carácter ordinario, “o 25 por cento do estipulado por lei”. O último desta serie foi en maio do ano pasado.

Así e todo, a Valedora do Pobo avalou o criterio de Rancaño, entendendo que a convocatoria de plenos non é precisa se as proposicións e preguntas da oposición son contestadas nas sesións extraordinarias. Esta mecánica, semellante á implantada en Outeiro, implica que a alcaldía pode ditar a orde do día, coa potestade de evitar as iniciativas e a fiscalización do resto de grupos.

Dende a bancada socialista lembran que a Lei da Administración Local de Galicia rixe a obriga de celebrar plenos ordinarios como mínimo cada dous meses. Coa norma autonómica como referencia, a cámara municipal ditou –co apoio do Partido Popular– a convocatoria destas sesións os últimos xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro.

ÚLTIMAS

Estabilizado un incendio forestal en Pantón que afecta a unhas 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...