InicioSucesosDetido por agredir a súa ex parella e ex sogra polas visitas...

Detido por agredir a súa ex parella e ex sogra polas visitas aos seus fillos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla da Policía Local de Lugo detivo a un veciño da cidade ao que acusan de agredir a súa ex parella e a súa ex sogra durante unha discusión. Tras recibir o aviso dunha pelexa no interior dunha vivenda, os axentes trasladáronse ao momento, un edificio da zona norte da capital lucense.

Ao chegar ao lugar, os axentes entrevistáronse cunha muller, que convive coa súa nai e os seus dous fillos menores. A denunciante relatou que a súa exparella, pai dos nenos, presentouse no domicilio coa intención de visitalos, o que motivou a discusión. No transcurso da mesma, que tivo lugar nunha habitación, o home agrediuna, momento no que a súa nai interveu para defendela, resultando tamén agredida.

O home xa abandonara o domicilio cando chegaron os axentes, polo que procederon á súa detención tras a súa localización. Ademais, a muller informou de que non era a primeira vez que sufría malos tratos por parte da súa ex parella, sinalando que viña soportando “agresións físicas, insultos e vexacións de maneira habitual”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...