InicioSucesosDetido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

O home, de 64 anos e sen teito, intimidou os rapaces en Fonte dos Ranchos antes de ser localizado pola Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade por, supostamente, intimidar cunha navalla a dous menores que xogaban na vía pública e desobedecer aos axentes.

Os feitos ocorreron na tarde do luns na zona de Fonte dos Ranchos, cando o individuo, un home ‘sen teito’ que adoita deambular polo barrio, achegouse a dous nenos e, presuntamente, sacou de entre as súas roupas unha arma branca coa que lles ameazou.

Os menores, duns doce anos, lograron escapar correndo e refuxiáronse nun comercio próximo, onde relataron o sucedido ao propietario. Foi este quen deu a voz de alarma á Policía.

Os raparigos, visiblemente asustados, relataron os feitos aos axentes que se desprazaron ao lugar para despregar o operativo de procura polos barrios próximos. O sospeitoso foi localizado pouco despois camiñando por unha beirarrúa en Camiño Real e resistiuse á detención, polo que tiveron que sometelo pola forza.

Posteriormente, foi trasladado a dependencias policiais, onde pasou a noite nos calabozos da comisaría da rúa Chantada, por desobediencia. O detido é unha persoa habitual na contorna, e noutras ocasións xa protagonizara episodios conflitivos.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...