InicioLugo e contornaLugoCristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares...

Cristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares lerá a ofrenda a Rosalía

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025, o día 4 de outubro, mentres que a ofrenda a Rosalía, no Domingo dás Mozas, correrá a cargo da música Branca Villares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025, o día 4 de outubro, mentres que a ofrenda a Rosalía, no Domingo das Mozas, correrá a cargo da música Branca Villares. Así o anunciou este venres a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, tras presidir unha nova reunión da Comisión de Festas na que se avaliaron os avances na organización de “a gran cita do outono galego”.

Ferreiro explicou que a elección de Lombao responde o desexo de render homenaxe a “unha das voces máis relevantes da historia da radio en Galicia“. Sobre Branca Villares, a edil destacou o seu compromiso con “a recuperación da música tradicional, especialmente a de Lugo”.

A concelleira subliñou que o San Froilán “non é só un calendario de concertos, senón unha oportunidade para mostrar a nosa identidade cultural e pór en valor a Lugo como capital da cultura”. Neste sentido, avanzou que a programación deste ano será “extensa e pensada para todos os lucenses”, con máis de 200 actividades que abarcarán música, gastronomía, tradición e lecer para todos os públicos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...