InicioEconomíaNovafrigsa recibe novos fondos da Xunta para maquinaria e reformas

Novafrigsa recibe novos fondos da Xunta para maquinaria e reformas

A maior industria de vacún de Galicia, da que dependen 320 empregos directos, percibe 541.000 euros en fondos da Consellería de Medio Rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

A industria Novafrigsa recibiu 541.000 euros da Consellería de Medio Rural no marco do programa de axudas para transformación de produtos agrarios. A subvención permitirá reequipar e reformar unha das empresas máis importantes da cidade de Lugo, da que dependen 320 postos directos, e con relacións comerciais en toda a provincia.

Nos tres últimos anos, o departamento autonómico concedeu a Novafrigsa preto de dous millóns de euros en achegas, o 35 por cento do investimento subvencionable. De novo, esta inxección de capital público adicarase á mellora das instalacións e adquisición de equipamento.

O centro de procesado dependente de Coren integra numerosas sociedades de avícola, porcino e plantas de alimentación animal. A cooperativa de segundo grao ten por actividades principais a elaboración de produtos cárnicos, curado de xamón e sacrificio e despece de gando vacún, sendo o maior centro desta clase en Galicia. Novafrigsa comercializou en 2018 máis de 12 millóns de quilogramos de carne, a terceira parte deles co selo Tenreira Galega.

A achega da Xunta de Galicia financiará reformas na zona de oficinas, secadoiros e vestiarios; melloras nas instalacións eléctrica, de climatización, fontanería e frigorífica; e adquisición de diversa maquinaria, coma unha máquina de baleiro, unha báscula etiquetadora, unha bomba de baleiro, un compresor de aire ou unha potabilizadora de auga.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que o programa de axudas supón a “clara aposta pola innovación e modernización como medio para seguir sendo competitivos”. O enviado autonómico salientou o papel da industria galega da alimentación no valor engadido para a viabilidade das explotacións gandeiras.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...