InicioLugo e contornaLugoTres casetas do polbo para San Froilán adxudicadas coa participación dun novo...

Tres casetas do polbo para San Froilán adxudicadas coa participación dun novo empresario

Esta aprobación queda pendente da adxudicación definitiva en Xunta de Goberno Local en función da oferta máis alta, salvo renuncia dalgún dos adxudicatarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A mesa de contratación do Concello de Lugo adxudicou este xoves as casetas e caldeiros do polbo para as festas de San Froilán, tras a recepción de cinco ofertas, unha máis que en anos anteriores.

Nesta edición, a caseta e o caldeiro número 1 recibiron dúas propostas distintas. A primeira foi de Aurora do Carballiño, que ofertou 18.000 euros pola caseta e 12.000 polo caldeiro; a segunda correspondeu a José Pazo Varanda, con cantidades de 12.000 e 7.500 euros, respectivamente. Para a caseta número 2, Xuncos S.A. presentou unha oferta de 10.707 euros pola caseta e 6.740 polo caldeiro, mentres que a pulpería Nadela propuxo 9.001 e 5.701 euros. A caseta número 3 só recibiu unha proposta, realizada pola empresa Octopus Galician Chef, que valorou a concesión en 9.118,97 euros para a caseta e 6.018,83 euros para o caldeiro.

Por tanto, foron adxudicas a Aurora do Carballiño a primeira e a Xuncos S.A. a segunda, empresa do coñecido empresario Ramiro. A terceira foi para o único postulante, un empresario que consegue o concurso por primeira vez. Quedou fóra una das empresas habituais, Nadela.

Esta aprobación queda pendente da adxudicación definitiva en Xunta de Goberno Local en función da oferta máis alta, salvo renuncia dalgún dos adxudicatarios.

O Concello lembrou que as casetas estarán abertas do 26 de setembro ao 2 de novembro e que os prezos de venda ao público mantéñense como en edicións anteriores, segundo o establecido no prego aprobado pola Comisión de Festas: a ración de polbo de 250 gramos custará 15 euros; o acompañamento de 200 gramos de pan ou cachelos, 1,50 euros; e a botella de viño de tres cuartos de litro, 6 euros.

Este ano, o Concello optou por limitar a concesión a tres casetas e tres caldeiros, despois de comprobar que nos últimos anos uno deles quedaba vacante. Desta forma, o espazo que ocupaba destinouse a atraccións infantís.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...