Home Lugo e contorna Lugo Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

0
Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo
Axentes da Policía Local de Lugo.. POLICÍA LOCAL LUGO

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia familiar, por un suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián. Segundo informaron fontes policiais, na mañá do pasado luns a Policía recibiu unha chamada dun mozo que estaba acompañado por un ancián que dicía que sufría malos tratos por parte do seu fillo.

Unha dotación trasladouse ata o lugar onde se atopaban e, unha vez alí, o home reafirmou ante os axentes que uno dos seus fillos, co que convive, maltrátabao. Por iso, e ante a declaración do ancián, que manifestou a súa intención de formalizar denuncia, trasladárono a dependencias policiais para iniciar as correspondentes dilixencias.

+ posts