InicioSucesosAbsolven unha muller que estafou 10.000 euros a outra simulando ser un...

Absolven unha muller que estafou 10.000 euros a outra simulando ser un home en Facebook

A sentenza considera cribles os feitos relatados pola vítima, pero pon en valor a falta de documentos sobre esa estafa, xa que a vítima, como ela mesma recoñeceu, borrou todas as mensaxes, conversacións e documentos tras o último pago, quedando unicamente constancia das transferencias realizadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a unha muller, que xa non reside no país, por un presunto delito de branqueo de capitais, e á que se lle pedían dous anos de prisión e unha multa de 22.500 euros por supostamente estafar a unha veciña de Lugo a través de Facebook.

Tal e como explicou a vítima no xuízo, coñeceu a alguén a través da rede social, que se facía pasar por un home de Estados Unidos, co que mantivo durante un ano unha relación de amizade. Ao cabo deste tempo o home fíxolle saber que necesitaba diñeiro porque acababa de ser detido e tiña que atender ao seu fillo, de 14 anos, que estaba nun internado.

A muller, para axudalo fixo tres pagos no prazo dunha semana de 2.500, 2.000 e 7.500 euros, o último deles mediante transferencia a unha conta da que se identificou como titular á persoa xulgada.

A sentenza considera cribles os feitos relatados pola vítima, pero pon en valor a falta de documentos sobre esa estafa, xa que a vítima, como ela mesma recoñeceu, borrou todas as mensaxes, conversacións e documentos tras o último pago, quedando unicamente constancia das transferencias realizadas.

“As probas practicadas no plenario non permiten acreditar que a acusada tivese algún tipo de relación co engano do que afirma que foi vítima”, recalcan os maxistrados e engaden tamén que “o único elemento incriminatorio contra a investigada vén constituído polo só feito de ser a titular da conta bancaria á que se fixo a transferencia, descoñecendo mesmo se foi a acusada quen retirou as cantidades, pois o silencio da acusada, acolléndose ao seu dereito a non prestar declaración na fase instrutora, non pode outorgárselle poder incriminatorio”.

E é que a acusada, que foi detida nun posto fronteirizo en 2021 e está a residir en Reino Unido, non prestou declaración nin asistiu ao xuízo.

Durante o proceso, a defensa asegurou que non houbo investigación nin instrución sobre este caso e que os movementos da conta que figuran no escrito de acusación corresponden á da testemuña e non á da acusada.

Criticou tamén que a investigación se alongase seis anos para chegar a xuízo, asegurando que a súa defendida non estivo en paradoiro descoñecido en ningún momento.

“Non contamos con proba directa de que a acusada mantivese ningún contacto coas persoas que perpetraron o engano, proporcionase ás devanditas persoas o número da súa conta bancaria ou acordado con elas a retirada ou transferencia de fondos da súa conta”, resume a sentenza.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...