InicioPolíticaLara Méndez, "tranquila" ante a situación de José Tomé nas primarias: "Cando...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, reprochou aos populares que tras "detectar un problema" como a denuncia ao exconselleiro do Mar Alfonso Villares por unha presunta agresión sexual que "coñecían desde febreiro", "non o destituísen ata pasados catro meses".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar “tranquila” ante a situación do PSOE en Lugo despois de que a pasada semana o goberno da Deputación perdese varias votacións no pleno pola ausencia do tres deputados socialistas que lideraron a candidatura alternativa a José Tomé no proceso de primarias: Iván Castro, José María Arias e Marisol Morandeira.

Preguntada sobre se está conforme coas explicacións dadas por José Tomé, que deu por “resolto” o asunto e que asegurou que hai “vontade de que mellore a coordinación”, Méndez asegurou que está “tranquila” coas declaracións do presidente da Deputación de Lugo e tamén secretario xeral dos socialistas lucenses. Nesta liña, lembrou que Tomé “dixo que se cadra puido haber falta de comunicación que levou a esa situación”; pero, “advertido o problema, trátase de dar solucións”, algo para o que, tal e como apuntou Méndez, “dixo que ía pór as ferramentas necesarias para que non se volva a dar no futuro”.

“Desde o PSOE, cando detectamos un problema, actuamos e dámoslle solución, polo que teño toda a tranquilidade. Se me preguntou polo PP, diríalle que tería serias dúbidas”, respondeu a viceportavoz parlamentaria do PSdeG, que reprochou aos populares que cando “detectan un problema” como a denuncia ao exconselleiro do Mar Alfonso Villares por unha presunta agresión sexual que “coñecían desde febreiro”, engadiu, “non o destituíron ata pasados catro meses”. “Teño esa tranquilidade porque nós cando detectamos un erro, pómoslle solucións e aplicámolas”, insistiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...