InicioSucesosUn home enfróntase a 12 anos de cadea por abusos sexuais á...

Un home enfróntase a 12 anos de cadea por abusos sexuais á súa curmá menor de idade

A acusación mantén que a situación chegou ao seu fin cando a novo lle narrou os feitos á súa nai e esta cursou a denuncia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Xermade enfróntase a unha pena de prisión de 12 anos como presunto autor dun delito continuado de abuso sexual a unha curmá desde que esta contaba con 13 anos de idade.

A Audiencia Provincial acolleu este xoves o xuízo contra este home, no que as declaracións principais, a da moza agredida, a súa nai e outra menor, foron a porta pechada para preservar a intimidade da vítima.

Os feitos xulgados tiveron lugar, segundo explica a acusación, entre os anos 2019 e 2022, cando o home, que contaba con 21 anos de idade na primeira ocasión, aproveitou a relación de confianza e parentesco entre ambos para realizar en varias ocasiones tocamentos nas partes íntimas da menor chegando mesmo a meterse na cama con ela para rozarse e practicar outros abusos “con introdución de membros corporais”.

A acusación mantén que a situación chegou ao seu fin cando a novo lle narrou os feitos á súa nai e esta cursou a denuncia.

Ademais da pena de prisión, a Fiscalía solicita afastamento da vítima por un período de 15 anos e liberdade vixiada durante outro cinco máis, unha vez cumprida a condena. Finalmente, reclama unha indemnización para a menor de 3.000 euros polo dano moral ocasionado.

O acusado negou os feitos e a súa avogada pediu a libre absolución.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...