InicioLugo e contornaUnha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

O accidente ocorreu na estrada LU-620 e mobilizou a Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante a tarde deste sábado. Segundo informa o 112 Galicia, o aviso recibiuse ao redor das 19.30 horas deste sábado a través do sistema ‘eCall’ dun dos turismos implicados.

O accidente tivo lugar na estrada LU-620, na parroquia de Armeá, ata alí desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia, que comprobaron que todos os feridos estaban liberados, polo que non foron necesarios medios de excarceración. Cabe destacar que tamén se avisou a Garda Civil de Tráfico, xa que un dos vehículos implicados atopábase no medio da vía e obstaculizaba a circulación.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...