InicioPolíticaA Deputación de Lugo renova o programa Impulsa TIC para a mellora...

A Deputación de Lugo renova o programa Impulsa TIC para a mellora dos servizos informáticos de 31 concellos

As actuacións previstas contemplan a renovación dos servidores e a implantación de sistemas de copias de seguridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa da Deputación de Lugo ‘Impulsa TIC’ será ampliado coa instalación dunha infraestrutura informática para mellorar as capacidades e servizos dos 31 concellos da provincia adscritos ao mesmo. Así o confirmou este venres a portavoz socialista do goberno, Pilar García, que detallou en rolda de prensa os acordos aprobados na xunta de goberno provincial deste venres.

Este programa, que lanzou a institución provincial para a transformación dixital e modernización das administracións locais da provincia, recibirá unha inxección de máis de 240.000 en dúas actuacións “que permitirán liquidar os fallos detectados nas actuacións anteriores”.

Nos 52 concellos adheridos ao programa, os nosos técnicos detectaron diferentes deficiencias e necesidades de mellora na infraestrutura TIC local, en canto a capacidade e á seguridade dos sistemas informáticos e servidores que os concellos teñen in situ para albergar as aplicacións e información dos servizos que prestan á cidadanía”, relatou a deputada. Así, aprobouse a licitación de dous proxectos, por un importe de 120.879 euros cada un, para os 31 concellos que solicitaron participar nesta nova actuación.

OUTROS INVESTIMENTOS

Doutra banda, a xunta de goberno provincial aprobou tamén novos investimentos en estradas, neste caso, máis de medio millón de euros para cinco vías provinciais nos municipios do Corgo, Taboada, Monterroso, Láncara, Castro de Rei e Cospeito.

Así, licitáronse por 160.540,19 euros os traballos de mellora dun novo tramo do cinto comarcal, na LU-P-16101, á altura do Corgo, entre Camposo e Pacios. O prazo de execución para estas obras é de 3 meses e completa outras anteriores que a Deputación finalizou esta mesma semana.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...