Home Lugo e contorna Lugo Detidos dous homes en Lugo por tráfico de drogas nunha vivenda da Milagrosa

Detidos dous homes en Lugo por tráfico de drogas nunha vivenda da Milagrosa

0
Detidos dous homes en Lugo por tráfico de drogas nunha vivenda da Milagrosa
Imaxe do incautado.. POLICÍA NACIONAL

A Policía Nacional detivo este pasado mércores en Lugo por tráfico de drogas a dous homes que vendían estupefacientes nunha vivenda situada no barrio da Milagrosa.

Nun comunicado, dito corpo de seguridade informa de que a investigación comezou tras varias comunicacións de asociacións de veciños e comerciantes que observaban unha actividade “inusual” nunha determinada vivenda.

Así, empezaron as pescudas policiais para determinar os feitos, culminando coa detención de dous homes e o rexistro da vivenda onde se realizaban a maioría dos contactos para a venda das drogas.

Durante o desenvolvemento do operativo intervéñense un total de 150 gramos de cocaína, distribuídos en papelinas preparadas para a súa venda final e consumo. Tamén foron intervidos 300 gramos de sustancias de corte e diferentes útiles para a preparación das sustancias estupefacientes (muíños, básculas) xunto con máis de 300 euros. Os detidos foron postos a disposición xudicial.

+ posts