InicioEconomíaRehabilitada a estrada da Montaña que une Baralla con Navia de Suarna

Rehabilitada a estrada da Montaña que une Baralla con Navia de Suarna

A Deputación arranxou a LU-P-0508, un dos eixos de comunicación fundamentais na Montaña lucense – Os traballos contaron con 135.000 euros, que permitiron a mellora de 2,5 quilómetros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, supervisou este xoves as melloras feitas pola Deputación na Montaña lucense na estrada LU-P-0508, que é a vía que une os municipios de Baralla e Becerreá con Navia de Suarna.

O Goberno Provincial destinou a estres traballos máis de 135.000 euros que permitiron a mellora de 2,5 quilómetros, comprendidos entre os puntos 4,5 e 7. As obras, que consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade a través da instalación de sinalización horizontal e vertical; executáronse, na súa maioría, no municipio barallense, así como un pequeno treito no Concello de Becerreá.

Santos salientou que «son obras moi necesarias por tratarse dun dos eixos de comunicación fundamentais na Montaña lucense, pois a estrada é empregada diariamente por centos de veciños que se desprazan entre os devanditos municipios. Estas obras, moi reclamadas polos veciños da zona, enmárcanse na liña de traballo que puxemos para mellorar as estradas provinciais lucenses, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e sumamente rural».

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...