InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo lanza un QR para denunciar a "falta de...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

"Ofrecemos unha ferramenta útil, feita con rigor e agarimo, para que quen visite Lugo estes días poida coñecer mellor o que temos: patrimonio, historia, cultura, gastronomía e natureza", explicou Elena Candia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa sede no Concello con acceso a unha guía dixital sobre turismo no seu afán de facer “unha política útil” en relación a esta materia e denunciou “falta de xestión” do Goberno local.

A guía en cuestión foi elaborada hai uns meses coa colaboración “dun grupo de persoas vinculadas ao turismo, a historia e a cultura local” e que pode ser consultada na web do partido, segundo explicou Elena Candia na presentación do QR, realizada este xoves.

“Ofrecemos unha ferramenta útil, feita con rigor e agarimo, para que quen visite Lugo estes días poida coñecer mellor o que temos: patrimonio, historia, cultura, gastronomía e natureza”, explicou Elena Candia, que asegurou que a data do trinque desta iniciativa non é casual e obedece á proximidade da Semana Santa “para dar a coñecer o traballo da xunta de confrarías, que loita para conseguir a declaración de Interese Turístico Nacional.

“Nós, desde a oposición, achegamos o que temos: medios propios e vontade de sumar”, manifestou antes de engadir que esta guía é un documento “vivo e aberto” á participación no que se poden incorporar melloras.

“FALTA DE ESTRATEXIA”

Así mesmo, a portavoz popular aproveitou a presentación para lamentar “a falta de estratexia” do Goberno local en materia turística e avanzou que se se quere “que Lugo deixe de ser unha cidade de paso, hai que coidala, contala e promocionala como merece e esta guía é un pequeno paso nesa dirección”.

Acompañada polo concelleiro Agustín Gallego, Candia enumerou unha serie de incidencias que avalan “a falta de xestión” municipal en materia turística.

Entre elas, citou unha web municipal desactualizada e sen contido útil; a ausencia dunha axenda cultural visible e falta de sinalización turística idónea; falta de promoción exterior en feiras e eventos; paneis informativos dos museos fóra de servizo; problemas de mantemento en espazos arqueolóxicos; a candidatura de Lugo como Capital Española da Gastronomía, “aprazada e esquecida”; “a negativa ideolóxica” a colaborar na promoción do Xacobeo; “a competencia desleal” aos guías oficiais ofrecendo visitas turísticas gratuítas; unha oficina de información turística “que só abre no verán, San Froilán e Arde Lvcvs”; e o peche do novo auditorio no verán por “falta de demanda”.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...