InicioSociedadeALCER recibe os parabéns da Deputación por "mellorar a calidade de vida"...

ALCER recibe os parabéns da Deputación por “mellorar a calidade de vida” das persoas con doenza renal

O Duque de Alba e Conde de Lemos traslada ao organismo provincial as súas condolencias polo falecemento de Paula Alvarellos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu á Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer) de Lugo o “asesoramento personalizado, apoio social, físico, psicolóxico e nutricional” co que “melloran a calidade de vida e benestar dos pacientes con enfermidade renal crónica” desde hai máis de 40 anos.

Fíxoo este xoves, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, na súa visita á mesa de peditorio que Alcer instalou fronte ao Pazo de San Marcos, con motivo de celebrar o Día Mundial do Ril, segundo informou o organismo provincial nun comunicado.

Do mesmo xeito, durante este encontro, que se celebra o segundo xoves de marzo de todos os anos co fin de concienciar á poboación na prevención e detección precoz da enfermidade renal crónica, Tomé subliñou o “firme compromiso” que a deputación ten con Alcer ao investir anualmente 6.000 euros na entidade.

Respecto disto, Tomé tamén sinalou que a deputación é “plenamente consciente” de que as administracións públicas “deben estar á beira deste tipo de colectivos” e que é importante “apoiar as súas accións e actividades” que “sensibilizan directamente aos veciños e veciñas”.

Ademais, Alcer tamén instalou unha mesa fronte ao Concello de Lugo e outra fronte ao Hospital Universitario Lucus Augusti para trasladar a importancia de coidar a saúde renal e informar de hábitos de vida saudable para persoas que padecen este tipo de dores.

AS CONDOLENCIAS POR PAULA ALVARELLOS

O presidente da deputación tamén agradeceu ao Duque de Alba e Conde de Lemos, Carlos Fitz-James Stuart e Martínez de Irujo, as súas condolencias polo falecemento da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.

Do mesmo xeito, Tomé tamén trasladou as súas condolencias á familia de Paula Alvarellos e resaltou que o acto do Duque de Alba e Conde de Lemos é un reflexo do respecto e admiración que a perdida da alcaldesa suscito fóra de Lugo.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...