InicioMovementos sociaisO programa de viaxes gratuítas forman parte dos eixos do plan turístico...

O programa de viaxes gratuítas forman parte dos eixos do plan turístico da Deputación de Lugo

O Consello Provincial de Turismo aprobou o tres liñas estratéxicas de traballo, ás que se suma a convocatoria dos premios anuais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Provincial de Turismo da Deputación de Lugo celebrou este venres a reunión na que se presentaron as accións que a institución provincial levará a cabo durante o ano 2025 e que se dividen en tres liñas estratéxicas, ademais dos Premios de Turismo, que se celebrarán no mes de setembro.

A reunión estivo presidida pola deputada Pilar García Porto, que explicou que se seguirá apostando por un modelo de turismo “de calidade e sustentable”, deseñado para situar a provincia como “un destino de referencia”. Para iso, establécese unha oferta “diversa e respectuosa co medio ambiente que é capaz de fomentar o desenvolvemento económico local”.

Unha das liñas principais será unha nova edición do programa de viaxes gratuítas ‘Coñece a túa provincia’, que contará este ano coa participación de 132 colectivos sen ánimo de lucro. “Unha acción que deseñamos no 2021 para apoiar a un sector tocado pola pandemia e co que xa conseguimos un retorno económico para a hostalaría e o turismo de máis de 600.000 euros”, valorou a deputada.

A presenza en feiras e eventos turísticos será outra das liñas a seguir este ano, de feito, xa estiveron presentes nestes dous primeiros meses en Fitur, Dakar ou Madrid Fusión, ademais da Volta, na que xa está confirmada a colaboración da entidade provincial; nunha aposta por “a proxección nacional e internacional como un eixo crave na estratexia turística da nosa provincia”, avanzou Pilar García Porto.

Tamén seguirán sendo unha “proposta estratéxica fundamental” as rutas fluviais na Ribeira Sacra. Segundo explicou a deputada, esta oferta superou todas as expectativas o ano pasado con máis de 61.000 viaxeiros nas rutas do Canón do Sil e Cabo do Mundo.

‘E PARA COMER, LUGO’

Ademais, o Consello de Turismo ratificou as bases da sexta edición dos premios á excelencia do turismo da provincia, que manterán as categorías habituais: Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Turismo Sostible e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense.

Un ano máis, poderanse presentar a estes premios, que se entregan en setembro persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de ámbito local e autonómico, nacional e internacional unha vez que estas bases se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Estes galardóns teñen un carácter honorífico, igual que nas anteriores edicións, e consistirán nun diploma acreditativo e un agasallo.

ÚLTIMAS

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...

Xulgado en Lugo un home acusado de tentar secuestrar e forzar o matrimonio dunha menor de Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo levou a xuízo este martes a un home de...

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...