InicioSociedadeDeclarado procedente o despedimento dun traballador que ofreceu un concerto en San...

Declarado procedente o despedimento dun traballador que ofreceu un concerto en San Froilán estando de baixa

A Sala destaca que o cesamento obedeceu á conduta do empregado e rexeita que a empresa vulnerase os seus dereitos fundamentais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou procedente o despedimento dun traballador que estando de baixa por un trastorno de ansiedade xeneralizado actuou nunha praza pública co seu grupo musical, tocando a guitarra e cantando, nun concerto organizado nas festas de San Froilán de Lugo, en 2023.

O tribunal destaca na resolución que se tratou dun traballo remunerado, non dunha actividade lúdica, pois o conxunto percibiu unha remuneración de 1.210 euros pola súa actuación. O alto tribunal galego aprecia a existencia de infracción do deber legal de boa fe co carácter de incumprimento contractual grave e culpable por parte do traballador do convenio colectivo do sector de Contact Center, o cal prevé como falta moi grave realizar traballos estando de baixa laboral.

Desta forma, informa o TSXG, estimou o recurso interposto pola empresa demandada contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, a cal revogou ao considerar que a mercantil non vulnerou ningún dereito fundamental do empregado. A Sala subliña que a decisión de despedir ao traballador “non garda relación algunha” coa súa reclamación xudicial para impugnar a decisión da empresa de modificar as súas condicións de traballo, ao producirse un cambio de xornada continua a unha xornada partida, unha decisión que foi confirmada por sentenza xudicial, que desestimou a demanda do empregado.

“Entendemos que as circunstancias que concorren evidencian que a decisión da empresa non ten relación coa reclamación presentada polo actor, senón que veu motivada por un feito real e certo, cal é a actuación co seu grupo musical”, recalcan os maxistrados que inciden en que, “das circunstancias certas e acreditas, despréndese que o cesamento acordado viño motivado pola conduta do traballador de realizar actividades como artista atopándose en situación de Incapacidade Temporal”.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...