InicioSociedadeLugo é a provincia galega con maior incidencia da borreliose

Lugo é a provincia galega con maior incidencia da borreliose

Esta doenza, sobre a que a Unión Europea quere aumentar a vixilancia, ten maior índice de propagación onde a caza do raposo e o lobo é máis habitual

PUBLICADA O

- Advertisement -

A doenza de Lyme, ou borreliose, é unha enfermidade transmitida sobre todo polos carrachos. Estes parasitos están sobre todo en pequenos roedores, que son o alimento de depredadores como raposos e lobos. Informes da Unión Europea sinalan a necesidade de ir tomando medidas. Aínda que sen estatísticas en firme, Lugo é a provincia galega que rexistra nos hospitais maior presenza da infección.

No caso de Europa, a especie Ixodes ricinus é da que máis novas se teñen sobre a súa capacidade de infección, tanto en animais como seres humanos. Este ácaro, que se alimenta de sangue logo de facer unha punción no animal ou persoa, “pode infectar o torrente sanguíneo coa bacteria Borrelia burgdorferi, que pode permanecer dentro de varias especies animais dependendo da súa fase vital”, di Martiño Nercellas, biólogo.

A borreliose pode afectar ao sistema nervioso, articulacións, pel e corazón. Era coñecido o seu carácter endémico en varios países, con baixa incidencia. As áreas máis afectadas son Europa e os Estados Unidos.

O raposo e o lobo, barreiras naturais

Femia de lobo con dúas crías
Femia de lobo con dúas crías

A Unión Europea fixo un chamado aos países membros para que adiquen máis atención á borreliose. Así, unha das recomendacións da UE é que os estados membros introduzan esta doenza como de seguemento obrigatorio. O obxectivo sería procurar un sistema de profilaxe ou prevención para as persoas con potencial risco de seren infectadas, como agricultores, traballadores do campo en xeral, e persoas de paso.

Entre as medidas propostas está a non eliminación de determinados depredadores naturais dos roedores que porten a carracha. “A intervención dos raposos á hora de controlar ás poboacións de pequenos roedores portadores de carrachos infectados por borrelia” é esencial, como sinala o biólogo Martiño Nercellas.

A supresión destes animais “é considerada moi negativamente, pois deriva nunha cadea de expansión das poboacións destes microroedores e garante a maduración de miles de larvas á fase adulta” apunta Nercellas. Este experto apunta a estudos para poboación de corzo no noroeste ibérico, incluíndo a Serra dos Ancares, nos que “detectouse unha media duns 50 carrachos por corzo”. O efecto de depredación do lobo sobre o corzo sería unha barreira fronte a expansión da enfermidade de Lyme.

Para coñecer os informes do Sergas acerca da borreliose, lea a reportaxe completa no GaliciaConfidencial

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...