O pasado 17 de maio, LugoXornal comezou a informar en todo o centro da provincia e máis a comarca estremeira do Bierzo, sendo o primeiro medio dixital en acadar estas zonas e completamente en galego. Nos últimos meses, LX reforzou a súa posición como alternativa informativa ás cabeceiras tradicionais, sendo o que máis medrou neste ámbito en número de visitas. E contribuíu a posicionar a GaliciaConfidencial como terceiro medio dixital en galego na clasificación de Alexa, auditoria de Amazon.
LugoXornal (lugoxornal.gal) conseguiu estabelecerse nun contexto de alta competencia e oferta informativa, ofrecendo información de proximidade, deportes e temáticas que o converten en único. Amén da defensa da lingua de noso, o xornal marcou e continuará marcando a axenda na cultura material e inmaterial, no medio ambiente, o patrimonio e os movementos sociais.
A evolución de LugoXornal é paralela á do resto dos xornais que iniciaron a súa actividade no Día das Letras Galegas. Estes son Xornal da Mariña, adicado a toda a costa lucense e máis a ribeira do Eo, e Xornal de Lemos, que abrangue a zona sur.
Estes tres medios completan a oferta informativa da provincia máis grande e diversa de Galicia. Editados por Xornal de Lugo S.L., mudaron en pouco máis de sete meses en referentes informativos da provincia canda a La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo. Este proxecto honra o seu carácter emprendedor apoiando as iniciativas vencelladas á innovación, nomeadamente aquelas coas que comparte base no Centro de Empresas e Innovación, CEI Nodus.
Ademais, os xornais de Lugo están asociados a Xornal de Vigo, o gran medio dixital do sur de Pontevedra, e Galicia Confidencial, o principal xornal en galego e o terceiro medio dixital de Galicia, que lle dá soporte informativo, comercial e técnico. Todos estes medios contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.
O acoso a menores, a velutina e Martínez, entre os temas máis lidos do 2018