InicioSucesosLugo roza este mércores os -10 graos

Lugo roza este mércores os -10 graos

Meteogalicia activa unha alerta amarela para este xoves por baixas temperaturas

PUBLICADA O

- Advertisement -

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo e Ourense, onde estivo activa de madrugada unha alerta amarela por baixas temperaturas, que continúa para este xoves en ambos os lugares.

Segundo os valores recolleitos por Meteogalicia, a mínima máis baixa rexistrouse en Calvos de Randín (Ourense), con -9,3º ás 8.20 horas. Verín e Xinzo de Limia alcanzaron os 7,6º negativos entre as 8.30 e as 9.00 horas.

En Lugo, Bóveda (Lugo) rexistrou os -5,8º ás 8.50 horas, mesma temperatura que Baltar (Ourense) ás 7.50 horas. Esta madrugada, as temperaturas máximas roldaron os 10 graos. Así, Poio ha registado 11.9º ás 1.10 horas e foi a máis alta, pois o resto movéronse por baixo dos 10º. – Cuntis, 10,1º; Oia, 10º; Vigo e Fornelos de Montes, 9,9º.

As baixas temperaturas continuarán o que queda de semana, mesmo cunha alerta amarela activa para este xoves desde a madrugada e ata as 12.00 horas para as provincias de Lugo (interior) e de Ourense. A previsión é que as temperaturas mínimas caian por baixo dos 4º negativos.

ÚLTIMAS

Rede Museística Provincial, un modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto da...

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

BNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran “falta de proxectos”

A deputada do BNG por Lugo Olalla Rodil asegurou que os orzamentos da Xunta...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...