InicioSociedadeLiberdade para os dous acusados da agresión sexual a unha menor de...

Liberdade para os dous acusados da agresión sexual a unha menor de 16 anos na noite de Fin de Ano en Lugo

Deberán comparecer ante o xulgado cada 15 días e non poderán achegarse á menor a menos de 200 metros nin comunicarse con ela de calquera forma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os dous homes de 24 anos acusados de agredir sexualmente a unha menor a noite de Fin de Ano en Lugo quedaron esta mañá en liberdade despois de comparecer ante a maxistrada do Xulgado de Instrución número 3. Ambos están investigados por un delito de agresión sexual e como medidas cautelares deberán comparecer ante o xulgado cada 15 días e non poderán achegarse á menor a menos de 200 metros nin comunicarse con ela de calquera forma. A fiscal non solicitou para eles pena de prisión.

A denunciante é unha moza de 16 anos que estaba a celebrar o Ano Novo na zona centro de Lugo cando, segundo asegurou, varios homes cercárona á saída dun local e dous deles, os detidos, fixéronlle tocamentos. A moza foi auxiliada polo seu noivo, quen foi o que fixo a denuncia ante axentes da Policía Local que estaban de patrulla. Nas proximidades do lugar detiveron a un dos dous homes e posteriormente detívose ao segundo.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...