InicioSucesosFalece un condutor en Navia de Suarna tras caer por un barranco...

Falece un condutor en Navia de Suarna tras caer por un barranco de 10 metros

Segundo informou o 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía cando circulaba pola LU-3507 e a vítima quedou atrapada no interior do seu vehículo, polo que tivo que ser rescatada polos Bombeiros de Sarria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu na madrugada deste domingo na parroquia de Mosteiro, en Navia de Suarna, tras saírse da vía e caer co turismo que conducía por un barranco duns dez metros. Segundo informou o 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía cando circulaba pola LU-3507 e a vítima quedou atrapada no interior do seu vehículo, polo que tivo que ser rescatada polos Bombeiros de Sarria. Deste xeito, unha persoa particular alertou a través do 112 Galicia sobre o suceso ao redor das 01.00 horas. Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...