Home Sociedade USC e Deputación de Lugo asinan un acordo para impulsar a excelencia do Campus lucense

USC e Deputación de Lugo asinan un acordo para impulsar a excelencia do Campus lucense

0
USC e Deputación de Lugo asinan un acordo para impulsar a excelencia do Campus lucense
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei, en rolda de prensa a 3 de decembro de 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, asinaron un acordo de colaboración polo que a institución provincial destina 370.500 euros para continuar co impulso da “excelencia formativa” do Campus de Lugo e “mantelo como un referente no ámbito académico”.

Segundo informou a institución provincial nun comunicado, Tomé Roca enmarcou este convenio dentro do “compromiso” co ensino público superior, mediante unha achega económica para levar a cabo diferentes programas académicos no campus lucense.

Desta forma, a contía permitirá reforzar os institutos e centros de investigación, mellorar as infraestruturas docentes, potenciar a divulgación científica e tamén vai dirixido á promoción de prácticas obrigatorias na granxa Gayoso Castro da Deputación.

O presidente provincial recalcou que a institución provincial é a administración local española que “realiza unha maior achega económica á universidade”.

Neste sentido, lembrou a “estreita relación” que manteñen ambas as institucións e a “colaboración activa” da Deputación mediante diferentes iniciativas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here