InicioCultura'Fuxan os Ventos', o nome que os lucenses escolleron para o novo...

‘Fuxan os Ventos’, o nome que os lucenses escolleron para o novo auditorio

Con este nome recoñécese así a traxectoria dun dos grupos máis emblemáticos da música galega, fundado na cidade de Lugo en 1972.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha votación popular dos veciños de Lugo elixiu Fuxan os Ventos como nome do novo auditorio. O grupo musical lucense, fundado en 1972, levou o 65% dos votos nunha enquisa con catro candidatos

A través dunha enquisa popular na web municipal, na que participaron máis de 3.000 persoas, escolleuse o nome do novo auditorio de Lugo. O gañador foi Fuxan os Ventos, que foi escollido entre catro posibilidades, a proposta de diferentes colectivos.

As opcións, ademais da gañadora, eran Darío Xohan Cabana, Maruja Mallo e Maruja Villanueva; con todo, a gañadora arrasou na votación. De feito, dos 3.007 votos rexistrados, 1.966 foron para esta proposta, o 65%. A seguinte máis votada foi a do poeta lucense, con 542 apoios. Fóra de prazo, un colectivo veciñal presentou tamén a proposta de Negra Sombra, pero ao final non se incluíu na consulta popular.

Con este nome recoñécese así a traxectoria dun dos grupos máis emblemáticos da música galega, fundado na cidade de Lugo en 1972.

O novo auditorio de Lugo abrirá as súas portas o 20 de decembro e contará con tres días de actividade cultural de alto nivel, comezando por un concerto de Ainhoa Arteta o primeiro día, que se repetirá o domingo. O sábado actuará a orquestra Terra Nova, composta por 150 músicos e coristas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...