InicioMedioambiente e PatrimonioSenadores de Lugo polo PP critican que o Goberno non quere rebaixar...

Senadores de Lugo polo PP critican que o Goberno non quere rebaixar a protección do lobo

Os senadores do PP de Lugo criticaron que o Goberno central "non ten intención de rebaixar o status de protección do lobo" e, ademais, "deriva aos seguros agrarios".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo criticaron que o Goberno central “non ten intención de rebaixar o status de protección do lobo” e, ademais, “deriva aos seguros agrarios”.

Así o manifestaron os populares este xoves na Pastoriza tras reunirse con alcaldes e portavoces das comarcas da Terra Chá e da Mariña con gandeiros afectados polos ataques do lobo.

En concreto, os senadores do PP reprocharon que o Executivo central, en resposta á pregunta formulada para coñecer se tiña intención de retirar ao lobo da listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial, argumentou que o estado de conservación da especie é “desfavorable-inadecuado ao norte do río Douro”.

Neste contexto, “á vista do número de avisos por ataques desde o 2021 que en Galicia se incrementou nun 72%”, os senadores defenden que o estado de conservación da especie “non é desfavorable”.

Por iso, reclaman ao Goberno que “rectifique e deixe de pór trabas administrativas ao control da especie para garantir o equilibrio entre a súa protección e a actividade gandeira”. Inciden en que “á vista da importante participación nesta convocatoria, trátase dun tema que preocupa aos gandeiros”.

“O que vimos ata agora é que o Goberno de Sánchez, coa complicidade do PSOE galego e do BNG, defende máis ao lobo que aos nosos gandeiros”, afean os representantes do PP de Lugo no Senado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...