InicioMedioambiente e PatrimonioColectivos contrarios á factoría de Altri convocan una manifestación para o 15...

Colectivos contrarios á factoría de Altri convocan una manifestación para o 15 de decembro

Os colectivos contra Altri lembraron no encontro convocado este martes que o conselleiro delegado da multinacional, José Soares de Pina, afirmara en rolda de prensa que "eles non fan investimentos en terras onde non os queren"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa acusaron á Xunta de estar “cegada polo diñeiro” e de “colocarse no lado equivocado” en relación ao proxecto que a multinacional portuguesa promove en Palas de Rei, polo que convocaron unha nova manifestación contra o complexo industrial o 15 de decembro en Santiago de Compostela.

Nunha rolda de prensa, a presidenta de Ulloa Viva, Marta Gontá, cifrou en 23.000 as alegacións presentadas contra a macrocelulosa e expresou que a intención da Xunta parece ser “minimizalas ao máximo pedindo xustificacións”. Tamén, acusou ao proxecto de Altri de ser un “atentado socio-económico ambiental”.

Doutra banda, o presidente da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido, acusou á biofábrica portuguesa de roubar os recursos dos galegos e deixar contaminación. Ademais, arremeteu contra o Goberno galego ao afirmar que “defende intereses alleos a Galicia” e “non pensa no seu futuro”.

INVITACIÓN AO CONSELLEIRO DELEGADO DE ALTRI

Os colectivos contra Altri lembraron no encontro convocado este martes que o conselleiro delegado da multinacional, José Soares de Pina, afirmara en rolda de prensa que “eles non fan investimentos en terras onde non os queren”.

É por iso que Marta Gontá expresou o desexo das asociacións contrarias a Altri de que José Soares de Pina asista á manifestación do 15 de decembro en Compostela e vexa que “nin o queren nin o necesitan”.

Finalmente, a Plataforma de Defensa pola Ría de Arousa, Ulloa Viva e outras asociacións como o Sindicato Labrego Galego, Adega ou Ecoloxistas en Acción, chamaron a particulares e colectivos cos seus mesmos ideais a manifestarse contra Altri o 15 de decembro na capital galega e reafirmaron o seu desexo de que este sexa “o último golpe sobre a mesa”.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...