InicioTerra CháA PastorizaA redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada...

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

O complexo contará con 40 prazas para atención diúrna e unhas 16 de carácter residencial para persoas maiores cunha situación de dependencia recoñecida, que se suman así 56 novas prazas neste municipio para a atención a persoas maiores dependentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, na que lle adiantou que a Xunta de Galicia financiará a redacción do proxecto para a construción dunha residencia e un centro de día municipal no municipio.

O complexo contará con 40 prazas para atención diúrna e unhas 16 de carácter residencial para persoas maiores cunha situación de dependencia recoñecida, que se suman así 56 novas prazas neste municipio para a atención a persoas maiores dependentes. A previsión é a súa instalación nunha zona céntrica, preto da casa consistorial.

Por outra banda, a conselleira tamén mantivo encontro con alcaldes doutras localidades. Por unha banda, comprometeuse ante o rexedor de Vedra , Carlos Martínez, a reforzar os servizos de atención á infancia e de coidados ás persoas maiores deste concello.

Así mesmo, Fabiola García mantivo este xoves unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luís López, na que acordaron a adhesión deste municipio ao programa Xantar na casa. O seguinte paso será a firma dun convenio entre as dúas administracións para a xestión deste recurso.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...