Home Lugo e contorna Lugo Xulgan a un residente dun centro de maiores de Lugo por agresión sexual a tres traballadoras

Xulgan a un residente dun centro de maiores de Lugo por agresión sexual a tres traballadoras

0
Xulgan a un residente dun centro de maiores de Lugo por agresión sexual a tres traballadoras
Fachada do edificio dos Xulgados de Lugo onde o mércores prestaron declaración a nai dunha nena de seis anos e a súa parella investigados por un presunto delito de malos tratos habituais e malos tratos no ámbito doméstico.

O Penal 1 de Lugo xulgará este xoves, día 21, a un usuario dun centro de maiores de Lugo acusado de agredir sexualmente a tres traballadoras.

Segundo o escrito de acusación de Fiscalía, o home residiu nese centro de maiores desde o 2 de xullo de 2020 ata o 5 de abril de 2022 e, durante este período, producíronse tres agresións a tres traballadoras diferentes.

A primeira delas foi na segunda quincena do mes de decembro de 2022, mentres o procesado estaba a ser aseado por unha traballadora da residencia, á que agarrou os dous peitos chegando a manifestarlle que “tiña moito diñeiro e que se deixaba que a tocase pagaríalle”.

Ao redor de setembro de 2021, tras ser aseado por outra traballadora, o home deulle unha palmada nas nádegas dicíndolle “estás para levalas”.

Finalmente, o 30 de marzo de 2022, cando o procesado estaba na sala de fisioterapia, pediu a presenza dunha terceira traballadora, á que convidou a sentar ao seu lado na padiola. Cando esta accedeu, el agarrouna dos ombreiros, baixoulle a máscara e tratou de bicala na boca. A pesar da negativa dela, o acusado chegou a darlle un bico na fazula e na orella dereita, mentres lle tocaba un peito.

Fiscalía considera os feitos constitutivos de tres delitos de abuso sexual, polos que pide, en total, tres anos de cárcere, así como que indemnice a dous das vítimas con 1.000 euros cada unha e con 2.000 euros á última.

+ posts