InicioSucesosDecretada a posta en liberdade do profesor investigado por abusos a varias...

Decretada a posta en liberdade do profesor investigado por abusos a varias alumnas

A resolución sinala que o risco de fuga "non concorre agora coa intensidade esixible" debido á "menor consistencia do soporte indiciario de criminalidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número tres de Lugo decretou a posta en liberdade do profesor do CEIP Albeiros de Lugo investigado por presuntas agresións sexuais a varias alumnas.

Segundo informaron fontes xudiciais, a xuíza explica no auto que, tras a recepción dos informes periciais pendentes sobre a credibilidade do testemuño das menores, “non aparece xustificado o mantemento da medida cautelar de prisión provisional inicialmente acordada”.

Na resolución, sinala que o risco de fuga “non concorre agora coa intensidade esixible” debido á “menor consistencia do soporte indiciario de criminalidade”.

Tamén subliña que “non existe, tampouco, risco de alteración, ocultación ou destrución de fontes de proba” e destaca que “a integridade das presuntas vítimas atópase suficientemente salvagardada coas medidas cautelares impostas que polo momento se deixan vixentes”. O auto non é firme, pois contra el cabe interpor recurso de reforma e/ou apelación.

DETENCIÓN A FINAIS DE MAIO

En concreto, a finais do pasado mes de maio, o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o profesor detido como presunto autor dun delito continuado de agresión sexual a polo menos oito das súas alumnas con idades comprendidas entre o oito e o dez anos.

Tras pasar dúas noites no calabozo, o docente, sobre o que pesaban polo menos unha decena de denuncias interpostas pola contorna das nenas ante a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional, foi posto a disposición xudicial.

Logo dunha longa comparecencia ante a xuíza, que se prolongou durante case catro horas, a titular do Xulgado de Instrución número 1 acordou a prisión provisional do investigado, que se atopaba de baixa médica no centro educativo desde o luns.

Ademais, a maxistrada prohibiu ao investigado aproximarse a dez das menores presuntamente prexudicadas a menos de 500 metros e de comunicarse con elas, así como de aproximarse igualmente ao centro educativo no que impartía clase, no caso de saír de prisión.

Tampouco poderá exercer profesión algunha que supoña contacto con menores mentres dure a instrución da causa.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...