InicioLugo e contornaLugoConfirman a condena a ano e medio de prisión para un home...

Confirman a condena a ano e medio de prisión para un home roubou 2.000 euros dunha anciá con demencia

Con coñecemento de que a muller padecía unha deterioración cognitiva en grao leve ou moderado, o home pediulle en agosto de 2019 que lle prestase 2.000 euros, alegando que non cobrara a pensión

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Civil e o Penal do TSXG confirmou a condena a un ano e medio de prisión para un home que quedou con 2.000 euros dunha anciá que coñecera nun fogar de pensionistas e que padecía demencia.

Na sentenza confirmada, a Audiencia Provincial de Lugo detalla que o condenado, de 62 anos, e a vítima, de 83, coñecéronse nun fogar de pensionistas que ambos frecuentaban. No desenvolvemento da súa amizade, o procesado acompañouna algunha vez ao médico ou ao supermercado.

Con coñecemento de que a muller padecía unha deterioración cognitiva en grao leve ou moderado, o home pediulle en agosto de 2019 que lle prestase 2.000 euros, alegando que non cobrara a pensión.

Para iso, levou á vítima a unha sucursal e fíxose co diñeiro, sen que nunca llo devolveu.

O fallo considera os feitos constitutivos dun delito de estafa e condena ao procesado a ano e medio de prisión, así como a devolver a cantidade subtraída.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...