Home Lugo e contorna Lugo Falece unha muller atropelada nun paso de peóns en Lugo

Falece unha muller atropelada nun paso de peóns en Lugo

0
Falece unha muller atropelada nun paso de peóns en Lugo
Un paso de peóns en Vilalba lembra que hai que respectar a distancia de seguridade | Carlos Castro - Europa Press

Unha muller de 65 anos de idade, M.F.V.P., faleceu nas últimas horas tras ser arroiada por un vehículo nun paso de peóns, segundo informou o CIAE 112 Galicia. O accidente ocorreu pasadas as 20.30 horas deste luns na Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo, e foron efectivos de Urxencias Sanitarias 061 os que alertaron ao 112 e advertiron de que se trataba dun atropelo grave.

Desde o CIAE 112 deuse aviso do ocorrido á Policía Local e aos bombeiros de Lugo. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo de Atención Primaria, pero os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida da atropelada, que acabou falecendo.

+ posts