InicioLugo e contornaLugoFACUA critica a multa de 7.500 euros ao Caudal Fest por quedar...

FACUA critica a multa de 7.500 euros ao Caudal Fest por quedar con diñeiro das pulseiras cashless

A asociación de consumidores advirte de que as multas que se propoñen "son tan ridículas, que o festival decide cometer a mesma infracción pola que xa ten un expediente sancionador aberto, xa que obtén máis beneficio por ela que o prexuízo que pode suporlle unha sanción"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Facua comunicou que o Instituto Galego de Consumo e a Competencia trasladou o peche do expediente sancionador contra o Caudal Fest, confirmando a imposición dunha multa de “tan só” 7.500 euros por “quedarse de forma ilícita decenas de miles de euros das pulseiras cashless, ademais doutras cláusulas abusivas que impuxeron aos asistentes”.

Nunha nota de prensa, o colectivo de consumidores explicou que esta multa é consecuencia dunha denuncia que a entidade interpuxo en setembro de 2023 contra a promotora do evento, Bring the Noise SL, tras constatar que na súa páxina web informaba do cobro dun euro en concepto de “gastos de xestión” a todos os usuarios que solicitasen a devolución do diñeiro introducido na pulseira e que non consumisen durante o evento. Ademais, impuña o uso deste método de pago en todo o recinto do seu festival e prohibía o pago en efectivo.

Meses despois, en novembro do mesmo ano, tal e como explicou Facua, a administración de consumo galega informou da apertura dun expediente sancionador contra a empresa, cunha proposta de multa de 7.500 euros.

MULTAS “RIDÍCULAS”

Agora, Facua volveu a denunciar ao Caudal Fest pola súa edición de 2024, xa que “un ano máis incluíu o cobro de gastos de xestión pola devolución do diñeiro non consumido das cashless”.

A asociación advirte de que as multas que se propoñen “son tan ridículas, que o festival decide cometer a mesma infracción pola que xa ten un expediente sancionador aberto, xa que obtén máis beneficio por ela que o prexuízo que pode suporlle unha sanción”.

Así, critica a “morneza” do Instituto Galego de Consumo ante estas “graves irregularidades”, ao pechar o asunto “sen impor unha sanción que realmente cumpra co seu efecto disuasorio”. “Ao multar con cantidades tan baixas, ás empresas resúltalles máis beneficioso seguir cometendo as mesmas infraccións e, posteriormente, pagar a sanción que corresponda”, lamenta.

Neste sentido, a asociación sinala que “o beneficio ilícito” obtido pola promotora ao cobrar este euro pola devolución do diñeiro “supera con fartura a ínfima multa” imposta polo departamento autonómico.

MÁIS SANCIÓNS

Facua insiste na necesidade de, non só revisar a normativa para que recolla sancións moito máis altas antes infraccións en materia de protección aos consumidores, senón de que as autoridades de consumo eleven os importes das multas.

“Só coa imposición de sancións que realmente supoñan un prexuízo para a economía das empresas conseguirase disuadir a estas de que sigan infrinxindo a normativa. Mentres o beneficio obtido pola práctica irregular sexa superior á multa, as empresas seguirán incorrendo nestas actitudes“, expón.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...